Avilés de Taramancos, Antón
Nova crónica das Indias / Antón Avilés de Taramancos - 1ª ed. - Vigo :Ir Indo Edicións ,1989 - 131 p. : il. b/n ; 19 cm. - NABARQUELA ; 4 .
En Nova crónica das Indias deixou pegada Antón Avilés de Taramancos do seu talento como narrador. Este espléndido libro de relatos é unha revisión da Crónica das Indias escrita desde unha voz lírica e telúrica; é un canto ao indixenismo a través da memoria, da terra, da experiencia e da saudade. Avilés de Taramancos, que residiu en Colombia durante vinte anos e foi bo coñecedor das raigames do pobo americano, crea neste libro unha prosa envolvente, cativadora. Desde un sentimento de rebelión contra o poder, preséntanos as circunstancias que foron artellando a vida e o pensamento dos pobos indíxenas forzados pola evanxelización e pola invasión europea, sometidos finalmente, a un proceso de aculturación. Nova crónica das Indias é unha viaxe, suxestiva e mítica, que percorre as terras americanas da man dun gran narrador que nos ofrece aquí a súa única incursión na prosa.
3º-4º ESO 1º-2º BAC
8476800215
Viaxes
Indixenismo
Aculturación
América
82-N