A gaivota. O tío Vania / Antón Chékhov
por Chékhov, Antón [autor/a]
; Andrade Grande, Perfecto
; Rodríguez González, Norma
.
Tipo: 
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Ricardo Carvalho Calero Sala préstamo | 82T-G CHÉ gai | Dispoñible | CED110000000054 |
|
|||
Prestable | IES Ricardo Carvalho Calero Sala préstamo | 82T-G CHÉ gai | Dispoñible | CED110000000055 |
|
Sección: Teatro en galego
Dúas obras fundamentais do dramaturgo ruso Antón Chékhov
Escrita en 1896, "A gaivota" é a primeira das obras de Chékhov que son xeralmente consideradas obras mestras do dramaturgo e escritor ruso. Céntrase nos conflitos románticos e artísticos de catro personaxes: a inxenua Nina, a anteriormente gloriosa actriz Irina Arkádina, o dramaturgo experimental Konstantín Trepliov, fillo de Irina, e o famoso escritor Trigorin.
Pola súa banda, a acción de "O tío Vania" ten lugar na herdade de Serebriakov, á que acababan de chegar para residir nela o profesor retirado Serebriakov e a fermosa Elena, a súa segunda esposa. Antes diso, na herdade non existía outra cousa que o traballo arduo de Sonia e o tío Vania, en compañía da nai deste e de Teleguin. Todo ese traballo tiña como fin que Serebriakov puidese obter unha renda decente.
A dramática de Antón Chékhov hai que situala nun momento de transcendentais cambios, que en Rusia supoñen o tránsito da sociedade rural a unha sociedade urbana na que se deixa sentir o pulo do capitalismo e dos procesos de industrialización. Os seus personaxes habitan mundos que se derruban e, como consecuencia, sofren penosos conflitos internos cando a realidade que habitan vai derruíndo as expectativas que configuran o seu mundo interior. Como un dos panos de fondo, o mundo da arte e as súas pequenas miserias, que Chékhov tan ben coñecía.