O señor Ibrahim e as flores do corán / Eric Emmanuel Schmitt
por Schmitt, Eric-Emmanuel [autor/a]
; Lázare Rodríguez, Emma [tradutor/a]
.
Tipo: 








Este rexistro ten moitos ítems físicos (60). Faga clic aquí para velos todos.
Máis que unha novela, trátase dun texto iniciático que apela ao multiculturalismo, á tolerancia e ao entendemento entre iguais. A súa lectura reconforta e afortala a nosa confianza na especie humana. Partindo dunha relación pseudo-paternofilial entre os protagonistas, este relato sinxelo e áxil ábrenos a porta a unha reflexión esperanzadora sobre o futuro do mundo no que vivimos.
«O señor Ibrahim e as flores do Corán» é o segundo título da Triloxía do invisible, dedicada ás principais relixións, da que tamén forman parte «Milarepa» e «Oscar e Mamie-Rose»
Momo é un adolescente xudeu, desorientado e orfo de agarimo. Ibrahim é un tendeiro musulmán, de carácter reflexivo e pausado, cunha visión da vida marcada pola perspectiva e pola experiencia dos anos. Dous habitantes solitarios da rúa Azul, no París dos anos 60, que traban unha entrañable amizade que trascende as súas respectivas crenzas. Un aporta vitalidade, o outro sabedoría...
A historia dunha amizade que trascende as crenzas dos seus protagonistas: un adolescente xudeu e un tendeiro musulmán.
1º-2º ESO